A ausencia de cabalos desloce a Feira do San Martiño de Teo
As restricións sanitarias para evitar o contaxio da dermatose nodular impide a celebración da feira cabalar
A Feira de San Martiño de Teo estrea este ano o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia. Pero está sendo a edición máis descafeinada. Polo mal tempo, pero sobre todo pola ausencia da feira cabalar. Desde primeira hora os comerciantes xa notaban menor afluencia.
As restricións sanitarias para evitar o contaxio da dermatose nodular impiden a presenza de cabalos e o mercado de gando. A imaxe da carballeira de Francos baleira é descorazonadora porque a feira cabalar era un dos principais atractivos da festa.
Pero ante as adversidades, sempre hai quen tira de humor para facerlle fronte. E, por suposto, da gastronomía como alternativa.
A medida que avanzou a mañá, o ambiente foise animando e as casetas do polbo empezaron a encherse de comensais. Haberá durante toda a xornada actuacións musicais, obradoiros e monicreques para os cativos, mostra de artesanía local e de maquinaria agrícola.