Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa o dispositivo de busca do presunto autor da explosión mortal de Oviedo

Continúa o dispositivo de busca do presunto autor da explosión mortal de Oviedo

Os axentes advirten de que o sospeitoso podería ir armado

G24.gal 12/11/2026 14:35

Axentes da Policía e a Garda Civil manteñen un amplo dispositivo de busca para localizar o presunto respontable do tiroteo e da explosión que causou a morte dun subinspector da Policía e que deixou ademais outras dúas persoas feridas. 
O sospeitoso, coñecido como o Ruso, conta con antecedentes por delincuencia común e os axentes advirten de que podería ir armado.

"Tíñao por unha persoa moi seria, non che daba moita confianza, era moi serio", sinala unha veciña do barrio ovetense de Villafría.

A busca do sospeitoso estendeuse tamén a zonas rurais, a súa fuga lembra agora casos mediáticos como o do chamado Rambo galego, que protagonizara ata 3 fugas de diversos cárceres e botou longos períodos de tempo en paradoiro descoñecido vivendo no monte. Na última ocasión, logo de estar agochado nas fragas do Eume dirixíase así ao xuíz.

"Eu estiven ben dentro do monte, son coma un neno do Amazonas", decíalle Alfredo Sánchez Chacón, alcumado 'Rambo galego', ao xuíz.

Mentres continúa a busca, os veciños desalaxodos pola explosión puideron regresar xa ás súas vivendas despois de que se descartaran danos estruturais no edificio. 

"Non hai ningunha vivenda afectada, todos os danos están na zona do portal", explicaba Jesús Daniel Sánchez, Director xeral de Vivenda de Asturias.

O axente dos Tedax ferido permanece estable despois dunha longa operación e a pesar da gravidade das lesións.A moza de 17 anos que recibiu varios disparos tamén foi operada e recupérase agora das feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade