Publicador de contidos

Publicador de contidos

Castaña conxelada, un produto cada vez máis demandado

Castaña conxelada, un produto cada vez máis demandado

A maior parte da produción vai para fóra das nosas fronteiras, especialmente para distintos países europeos como Francia ou Alemaña

G24.gal 19/12/2025 20:22

A empresa Arfrusa, situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, leva máis dunha década dedicándose ao mundo da castaña. Comercializa arredor de dous millóns de quilos por tempada.

Dende o ano pasado, destina preto do 40 por cento da súa produción ao produto pelado e conxelado. Trátase dun proceso complexo que comeza no forno e remata nas cámaras onde as castañas se conservan a menos 20 graos.

A maior parte do que producen vai para fóra das nosas fronteiras. Distintos países europeos onde se destinan á venda directa nos lineais ou se empregan para elaboración de distintos produtos como purés ou aperitivos.

A demanda, subliña Suso López, xerente da empresa, está medrando. En España, por agora, queda unha porcentaxe pequena que venden fundamentalmente á hostalería.

Unha aposta pola transformación co que buscan incrementar o valor engadido dun froito ligado a nosa tradición e do que Galicia é o maior produtor de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade