A tala dun souto causa escorrentías en Baleira
A veciñanza de Sanguñedo pide que se volvan plantar as árbores para evitar avalanchas de auga que anegan a aldea cando chove
Sanguñedo é unha pequena parroquia de Baleira que se viu notablemente afectada pola choiva destes días, que foraron unha grande escorrentía que baixou do monte e foi arrastrando follas, pólas e mesmo as pedras dos valados que a auga vai desfacendo segundo baixa do monte.
A veciñanza coméntanos que nunca tal pasara ata que se creou un pastizal no curuto do monte que teñen ao seu carón.
Inicialmente había un souto onde a auga paraba sempre, pero o problema foi que talaron esas árbores todas, e entón non hai quen pare a auga e, ao ser un monte, fórmase unha escorrentía que vai arrasando con todo o que atopa aos seu paso, cheganto á aldea con tal forza que mesmo teñen medo de que lles desfaga as casas, leve os coches e mesmo mate ás persoas e aos animais.
De feito, as paredes dalgunhas edificacións teñen o rexistro de como o paso da auga superou o metro de altura.