Publicador de contidos

Publicador de contidos

Causas xustificadas para evitar ser membro dunha mesa electoral

Causas xustificadas para evitar ser membro dunha mesa electoral

A Xunta Electoral encargáse de estudar as alegacións, que deben estar debidamente acreditadas

Maiores de 65 anos, embarazadas de seis ou máis meses ou persoas con familiares ao seu coidado estarían exentas

G24.gal 22/11/2026 14:32

Ser membro dunha mesa electoral obriga a dedicar practicamente todo o domingo á xornada de votación. Pero, hai algunha maneira de librarse desta responsabilidade? Existen motivos xustificados para non acudir e outros que, por moito que nos pese, non valen como escusa.

A priori, formar parte dunha mesa electoral non é o plan ideal para un domingo.

"Home, en principio dá preguiza, pero é un exercicio de responsabilidade que nos toca como cidadáns". "Sería un día que hai que cumprir, pero non me faría moita ilusión, a verdade". "Este ano cae en mala data, porque xoga o Deportivo contra o Barcelona", comentan algúns cidadáns na rúa.

Obviamente, asistir a un partido de fútbol non serviría de escusa para evitar a longa xornada comp presidente ou vogal dunha mesa, pero hai outras razóns que si valoraría a Xunta Electoral.

"Embarazos, lactancia, viaxes, mesmo vodas de familiares. Hai infinitas causas que son analizadas e que poden eximirte de estar na mesa", explica Augusto Pérez-Cepeda, decano do Colexio de Avogados da Coruña.

Unha baixa laboral, ser maior de 65 anos, estar ao coidado de familiares... son algúns dos supostos que permiten xustificar a ausencia. Hai múltiples causas posibles, pero todas deben ser debidamente probadas. Hai sete días para presentar as alegacións desde que se recibe a notificación do Concello. Non acudir á mesa electoral se xustificación pode ter consecuencias penais: a lei prevé multas de entre seis e vinte e catro meses, ademais de penas de prisión de ata un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade