Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a tempada do chocolate con churros, un doce que mantén viva unha antiga tradición

Arranca a tempada do chocolate con churros, un doce que mantén viva unha antiga tradición

O churro ten a súa orixe nos antigos pastores nómades da Península Ibérica

Chocolate con churros
G24.gal 06/11/2026 12:03 Última actualización 06/11/2026 12:30

O chocolate con churros é un doce sinxelo pero que mantén viva unha antiga tradición e sostén a economía de moita xente. O churro ten a súa orixe nunha receita creada polos antigos pastores nómades que habitaban a Península Ibérica, a cal mantívose ao longo dos séculos. Esta está baseada en tres ingredientes principais: a fariña, a auga e o sal. A partir destes, o segredo está na calidade da fariña, a cal é a encargada de darlle o sabor, e na fritura, para lograr o efecto crocante.

Coa chegada do frío, as churrerías, tanto fixas como ambulantes, dan inicio a súa tempada alta. Porén, segundo afirma o churreiro Cándido Martínez, "cada vez o verán esténdese máis e o inverno é máis reducido", prexudicando a este tipo de establecementos. A economía destes negocios está sostida grazas a esta sobremesa, como é o caso da churrería de Cándido, na cal supón entre un 75 e un 80 por cento da facturación.

Este doce tamén ten unha ampla presenza nos postos ambulantes, os cales non só están presentes en festas e romarías, senón que instálanse nos parques e nas prazas cando comeza o outono. Un exemplo destes é a churrería ambulante na que traballa David Seara, na que pesar da estacionalidade que caracteriza esa sobremesa, xa son varias as xeracións da familia que levan vivindo deste negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade