Os ximnasios suman usuarios co arranque do ano
Apuntarse ao ximnasio é un dos propósitos para o ano novo máis recorrentes
A lista de propósitos para o ano novo é infinita pero quizais o rei dos retos máis recorrentes é apuntarse ao ximnasio.
Visitamos dous en Santiago e confírmannos que nesta época aumentan notablemente as inscricións.
"Os meses de xaneiro son de moita pregunta, moita información, pero o mes de alta adoita ser febreiro", explica Javi Vázquez, director do Ximnasio Femmefit de Santiago.
"É verdade que en xaneiro empeza a vir máis xente. Moit queda pero outra ao final vaise", conta Leticia Puente, monitora do ximnasio Club Camm de Santiago.
Nun dos centros deportivos, damos cunha clienta que se apuntou ao ximnasio, precisamente como propósito para o ano novo, en 2025.
"Levo un ano e si que cumplín o reto porque veño case todos os días e anímovos a que veñades porque se nota. É coma si recuperaras o teu corpo", asegura.
Quen empeza e continúa mantén invariable o reto.
"Conseguir unha mellor condición física, aínda que eu xa levo tres anos adestrando. Anivo a todos os que queiran empezar, pero que non empecen e o deixen nuns meses. Hai que continuar. Isto é rutina, sacrificio e esforzo", subliña outro usuario.
Monitores e adestradores recomendan marcar obxectivos realistas e buscar a actividade que guste e que se adapte máis á persoa.
"Tes que marcarte obxectivos que realmente poidas conseguir a corto, medio e longo prazo e non facer cousas que ao mes te vas desenganchar", aconsella Javi Vázquez.
"Monitores e adestradores persoais somos un pouquiño quen deberiamos tirar por eles para que estean cómodos e atopen unha actividade que lles guste", opina Leticia Puente.
Recórdannos tamén que máis aló de esculpir o corpo, o exercicio é saúde.