Publicador de contidos

Publicador de contidos

Levar mellor a xornada laboral cando toca traballar en Aninovo

Levar mellor a xornada laboral cando toca traballar en Aninovo

As farmacias non detiveron a súa actividade no primeiro día do ano

G24.gal 01/01/2026 19:51

A Iván tocoulle traballar en Aninovo en quenda de tarde. Non se queixa mais recoñece que podería estar mellor. "Preferiría estar na casa, pero as circunstancias son as que son e aquí estamos. Estamos ben e non hai que queixarse". 

Tamén nunha farmacia a actividade non se detivo no primeiro día do ano. "Lévase cun pouco de café e somos uns 10 ou 12 dependendo dos horarios", comenta o seu encargado José Manuel.  Abren 24 horas os 365 días do ano polo que din estar afeitos. Para eles é un festivo máis.

Tamén o é para as seis persoas dun local de hostalería que acudiron a traballar. "Ao final co mal tempo que fai a verdade é que traballar é a mellor maneira de aproveitar o tempo", apunta o seu xenrente Alejandro. É un dos poucos locais abertos con servizo de cociña no centro da Coruña. Traballo para uns que outros aproveitan para non cociñar na casa e seguir desfrutando dunha xornada festiva en familia. Porque traballar en Aninovo pode ter as súas compensacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar