Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maxistrada María Josefa Ruiz Tovar recibe a Medalla Emilia Pardo Bazán pola súa contribución á igualdade na Xustiza

A maxistrada María Josefa Ruiz Tovar recibe a Medalla Emilia Pardo Bazán pola súa contribución á igualdade na Xustiza

A maxistrada foi a primeira muller en presidir unha Audiencia Provincial en Galicia

TSXG TSXG
G24.gal 05/11/2026 17:36

A presidenta da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, María Josefa Ruiz Tovar, recibiu este xoves a Medalla Emilia Pardo Bazán pola súa traxectoria profesional, que contribuíu á incorporación das mulleres a postos de máxima responsabilidade na Administración de Xustiza.

A maxistrada foi a primeira muller en presidir unha Audiencia Provincial en Galicia, a de Lugo, e a cuarta en España en acadar esa responsabilidade, "o que a converteu nun referente do avance da igualdade na carreira xudicial".

Durante o acto de entrega da distinción, celebrado no Grove e ao que asistiu o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste, a Xunta recoñeceu a súa carreira profesional, de máis de catro décadas, caracterizada polo compromiso co "servizo público, o rigor profesional e a contribución ao fortalecemento das institucións xudiciais".

A conselleira de Política Social, Ángeles Vázquez, agradeceu o labor desenvolvido nos últimos anos por María Josefa Ruiz, á que definiu como "unha auténtica referente da igualdade de xénero no ámbito xudicial da nosa comunidade".

A conselleira tamén recoñeceu o traballo da Asociación Saúde Mental A Mariña, unha entidade que co seu labor "puxo de manifesto a importancia de ofrecer unha atención personalizada ás mulleres vítimas de violencia de xénero desde o punto de vista da saúde mental".

Por último, Ángeles Vázquez referiuse ao "importante legado" das pioneiras do fútbol de Crendes, un grupo de mulleres que "saltou aos terreos de xogo" cando o deporte feminino "non se contemplaba nin como un soño para elas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade