Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na memoria, as traxedias de Adamuz e Angrois

Na memoria, as traxedias de Adamuz e Angrois

Imposible non acordarse do accidente de Adamuz, sucedido hai menos dun ano e en que faleceron 46 persoas

E máis de preto, en Galicia, revívese o sufrimento da traxedia de Angrois, con 80 vítimas mortais no ano 2013

G24.gal 28/10/2026 14:16

Na memoria de todos están aínda vivas as imaxes da traxedia de Adamuz que se produciu en xaneiro deste mesmo ano. Alí víronse implicados un tren Iryo e un Alvia e o accidente deixou 46 persoas falecidas e máis de 120 feridas. Entre outras posibles causas investigouse o estado da vía ou unha rotura dun carril.

O que era presidente da Comisión de investigación de accidentes ferroviarios (CIAF), Ignacio Barrón, o 26/01/2026 explicaba que "todo parece evidenciar que a causa principal foi, non tanto a rotura do carril, como dunha soldadura".

O ministro de Transportes daquela falaba dunha posibilidade moi baixa de que se producise un accidente semellante: "En trinta e pico anos, con estas consecuencias, non se producira nunca, polo tanto, a probabilidade é moi baixa, baixísima".

Hai 13 anos, na curva de Angrois descarrilaba un tren Alvia que viña de Madrid por un exceso de velocidade. Houbo 80 persoas falecidas e 144 feridas. Jesús Domínguez, portavoz dos afectados do Alvia de Angrois, recoñece a dureza do momento e solidarízase coas vítimas: "Rememorar todo é unha sensación terrible"

No ano 2010, na véspera de San Xoán, 12 persoas faleceron atropeladas por un tren rápido en Castelldefels cando intentaban chegar á praia cruzando as vías, fóra dos lugares habilitados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade