Publicador de contidos

Publicador de contidos

O maquinista condenado polo accidente de Angrois non irá a prisión ata que se resolva o indulto

O maquinista condenado polo accidente de Angrois non irá a prisión ata que se resolva o indulto

A xuíza suspende a entrada no cárcere do único condenado polo sinistro do Alvia en Santiago

Francisco José Garzón, ao fondo da imaxe, na última sesión do xuízo do Alvia (EFE/Xoán Rey) Francisco José Garzón, ao fondo da imaxe, na última sesión do xuízo do Alvia (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 15/10/2026 11:25

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu á suspensión do cumprimento da sentenza executoria ao maquinista Francisco Garzón, condenado a dous anos e medio de cárcere polo accidente do Alvia sinistrado en Angrois en xullo de 2013, mentres se tramita a petición de indulto.

Así consta nun auto deste mércores, 14 de outubro, ao que tivo acceso Europa Press, que indica que esta suspensión decídese "atendendo as circunstancias de todo tipo, concorrentes en relación ao condenado, ao delito e á natureza e duración da pena para executar".

"Procede acceder á solicitude de suspensión de execución da pena imposta, mentres se tramita o indulto solicitado e ata que recaia a decisión correspondente acerca do mesmo", advirte.

O propio auto do Xulgado do Penal número 2 de Santiago recolle, nos seus fundamentos de dereito, que a lei que regula o indulto establece que a proposta de indulto "non suspenderá o cumprimento da sentenza executoria".

"No entanto", engade a xuíza, "haberá que ter en conta o disposto" no Código penal, polo que decide acceder á suspensión do cumprimento polos motivos mencionados.

A resolución pode ser impugnada mediante interposición de recurso de reforma e subsidiario de apelación no prazo de tres días contados desde a súa notificación, ou recurso de apelación directo en cinco días.

Tras unha instrución que durou anos e un xuízo de varios meses, Fernández Currás condenou tanto ao maquinista como ao ex-xefe de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, polo descarrilamento que provocou 80 mortes no barrio compostelán de Angrois hai xa 13 anos.

Con todo, a Audiencia Provincial da Coruña retirou a condena ao exdirector de seguridade da empresa pública, polo que deixou a Garzón como único responsable do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade