Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias e Pablo Durán son baixa por lesión contra a Juventus

Borja Iglesias e Pablo Durán son baixa por lesión contra a Juventus

 

 Balaídos acolle mañá o encontro da segunda xornada da Liga Europa 

Aspas resaltou que logo da derrota en Chipre "cada partido europeo é como unha final"

Claudio eloxiou a Juventus: "Un coloso, un dos favoritos para gañar esta competición"

G24.gal 14/10/2026 13:33

As baixas por lesión dos dianteiros Borja Iglesias (golpe no tríceps sural) e Pablo Durán (doenzas nun xemelgo) son as grandes sorpresas da convocatoria do Celta para o partido de mañá en Balaídos contra a Juventus, da segunda xornada da Liga Europa.

"Cada partido en Europa é case unha final", resaltou Iago Aspas. O Celta perdeu na primeira xornada en Chipre co Omonia (1-0); a Juventus goleou o Nijmegen, dos Países Baixos (5-0).

"Chegamos ao partido con moitas ganas e ilusión. É un día especial para todo o mundo. A Juventus é un dos mellores equipos da historia, un dos colosos da competición, quizais o principal favorito da Europa League. É unha boa proba para nós. O partido está ao 50 %. Temos recursos para gañar", explicou o adestrador Claudio Giráldez.

Aspas tamén eloxiou a Juventus: "É un partido moi difícil, é un dos equipos máis grandes da competición. Arriba ten dous grandísimos dianteiros como Woltemade ou Kolo Muani, atrás xogadores moi físicos...".

Hai 26 anos, Aspas era un cativo e presenciou dende as bancadas de Balaídos a goleada do Celta á Juventus (4-0) na Copa da UEFA. Sería posible repetir aquel resultado? "Conforme con gañar", dixo Aspas na rolda de prensa. E Claudio engadiu: "Asino un 4-3, un 3-0, un 1-0... oxalá gañemos o partido. É moi difícil gañar 4-0. Aquel día quedounos gravado porque foi algo excepcional, difícil".

A gran novidade da convocatoria do Celta é a de Germain Milla. Outros xogadores do filial que están na lista son Antañón, Burcio e Ángel Arcos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade