Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rodríguez seguirá defendendo o Celta ata 2030

Javi Rodríguez seguirá defendendo o Celta ata 2030

Amplía en dous anos o seu contrato 

Está vencellado ao Celta desde os sete anos

Foto RC Celta Foto RC Celta
G24.gal 08/10/2026 18:32

O Celta e Javi Rodríguez chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación ata xuño de 2030. O defensa renova así o seu compromiso co club que o viu medrar e onde se consolidou como unha peza importante para Claudio Giráldez.

Natural de Poio, Javi chegou á Madroa con tan só sete anos, na categoría Benxamín B. Desde entón superou cada unha das etapas ata alcanzar o primeiro equipo, co que debutou o 1 de novembro de 2023 na Copa do Rei ante o Turégano CF, e do que hoxe é un referente máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade