Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña volverá converterse na capital da fotografía, da man da Fundación MOP

A Coruña volverá converterse na capital da fotografía, da man da Fundación MOP

Avanzan a bo ritmo os preparativos para acoller a mostra dedicada ao fotógrafo David Sims
 

 

G24.gal 13/11/2026 14:47 Última actualización 13/11/2026 15:22

No Peirao de Batería do porto coruñés trabállase contra o reloxo. Xa son visibles algúns dos detalles da montaxe que a partir do 21 de novembro volverá situar a cidade como unha das grandes citas culturais do ano. 

A homenaxe á fotografía de moda que a Fundación MOP comezou en 2021 continúa agora da man de David Sims. O seu arquivo vai permitirnos coñecer como se construíron algunhas das imaxes máis recoñecibles no mundo da moda.

Exposicións anteriores, coma as de Steve Meissel, Helmunt Newton ou Irving Penn bateron marcas de visitantes, situando a cidade como un reclamo cultural a nivel internacional.

Por iso os que veñan de fóra e queiran ir organizando a visita, na propia web da fundación xa teñen información relativa a esta nova exposición, e ata poden ir reservando unha visita guiada, que  poderán facer ata o vindeiro 1 de maio, que é cando está previsto que peche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade