Acepta sete anos e medio de prisión por agredir sexualmente de xeito continuado a súa neta en Pontevedra
Acepta sete anos e medio de prisión por agredir sexualmente de xeito continuado a súa neta en Pontevedra
O home recoñeceu os feitos e pactou unha pena inferior á que inicialmente solicitaba a acusación
Un home aceptou sete anos e medio de prisión como autor dun delito continuado de agresión sexual cometido sobre a súa neta menor de 16 anos de idade en Pontevedra.
A vista de conformidade por este caso levouse a cabo este martes na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, onde o home recoñeceu os feitos, pactando coas partes unha pena inferior á inicialmente solicitada.
E é que o home enfrontábase a nove anos de cárcere, aínda que finalmente foi condenado a sete anos e medio e ao pagamento dunha responsabilidade civil de 15.000 euros en concepto de danos morais á vítima, a súa neta.
Segundo recollía o escrito de acusación de Fiscalía, o procesado era o avó da menor e todo ocorreu en xaneiro de 2024 no domicilio do agora condenado, situado en Pontevedra.