Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden ata 32 anos de prisión para catro homes por drogar e violar dúas mulleres en Santiago

Piden ata 32 anos de prisión para catro homes por drogar e violar dúas mulleres en Santiago

Os catro acusados declararon na última xornada do xuízo para asegurar que as relacións foron consentidas

G24.gal 08/10/2026 14:17 Última actualización 08/10/2026 14:33

Os feitos denunciados sucederon hai case sete anos nun edificio do ensanche de Santiago, despois de catro saídas nocturnas entre os meses de maio e xuño. O informe fiscal conclúe que os homes drogaron as mozas para dobregar a súa vontade. Despois, violáronas. Unha das vítimas foi agredida polos catro e mesmo a gravaron en vídeo sen o seu consentimento.

O Fiscal pide para eles penas de 14 a 32 anos de prisión.  Na súa declaración, diante do xuíz, os catro procesados mantiveron que as relacións sexuais coas 2 vítimas foran sempre consentidas e que as mulleres consumiran de xeito voluntario cocaína. Debido á situación de vulnerabilidade das vítimas, a letrada que as defende non fixo declaracións á prensa.

As dúas mozas , que declararon como testemuñas protexidas, residían temporalmente nunha vivenda de acollida do programa Vagalume de apoio a mulleres en contextos de prostitución e trata con fins de explotación sexual. Neste momento manteñen unhas circunstancias de vida normalizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar