Publicador de contidos

Publicador de contidos

Horas de angustia para os colombianos residentes en Galicia

Horas de angustia para os colombianos residentes en Galicia

Moitas familias aínda non puideron contactar cos seus familiares nas zonas afectadas, xa que pouco a pouco van restablecéndose as comunicacións

G24.gal 11/08/2026 14:47 Última actualización 11/08/2026 15:20

Yenci, colombiana residente en Santiago dende hai un ano, leva todo o día pendente do teléfono. Aínda non puido falar coa súa familia en Cali, unha das zonas afectadas.

"Aínda non se puido falar con eles, pero por medio doutros familiares soubemos que están ben".

Son momentos de angustia para moitos deles que teñen que seguir aquí co seu día día. Sobre todo, cando as conexións non te permiten falar cos teus achegados. A familia política de Jerson tamén vive en Cali.

"Xera certa incerteza,certo pavor, ao non saber que está acontecendo cos teus seres queridos alí".

Yohan é de Bogotá, aínda que dende os doce anos vive en Galicia, pero segue moi unido ao seu país. Alí na capital tamén se sentiu o tremor e a primeira chamada que recibiu foi a da súa nai que reside no país andino.

"Foi unha chamada como moi angustiosa, de preocupación e esa impotencia de non saber que facer. Non foi o epicentro en Bogotá, pero sentiuse". 

Para moitos deles está moi presente o sismo de Venezuela. A información vai chegando aos poucos e temen esa cifra de falecidos e sobre todo a afectación real que virá tras o colapso dos primeiros días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade