Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a colleita de oliva cen por cento galega para elaborar aceite de oliva virxe extra

Comeza a colleita de oliva cen por cento galega para elaborar aceite de oliva virxe extra

Arredor de 50.000 quilos de olivas, esa é a estimación da Colleita Propia de oliva galega que fai Aceites Abril para este ano

Agardan deste xeito sacar o mercado unhas doce mil botellas de aceite de oliva virxe extra, que se poderán probar antes de que remate o ano

 

G24.gal 12/11/2025 14:33

Nunha media hectárea de terreo no concello de Cenlle traballan dende ben cedo no vareo das oliveiras. Fano de a pouco e con agarimo.

"Como caen por riba da lona hai que andar sempre salteando, con coidadiño, imos facendo por zonas, vanse recollendo. É un traballo como os de antes, de facelo á man".

O proxecto de Colleita Propia de Aceites Abril comezou hai máis de dez anos, e neste tempo foi sumando terreos e novos agricultores. Son xa máis dun cento en once comarcas galegas. Elaboran aceite de oliva virxe extra procedente de oliveiras cultivadas en Galicia. 

"No momento da floración nalgunhas zonas castigouna un pouquiño a chuvia e o vento, o que restou algo de produtividade nalgunha zona; e logo a seca no período estival foi bastante acusada, e a xente que tivo a posibilidade de ir regando as súas oliveiras pois ten mellores resultados e, ben, en xeral estamos contentos coa colleita que vai haber".

Unha colleita propia que este ano calculan que chegará aos cincuenta mil quilos de oliva, que recollerán durante todo o mes de novembro. Din que, tanto nutricional como fitosanitariamente, as condicións da colleita son óptimas, polo que agardan poder elaborar un aceite de máxima calidade.

" En canto se recollen as olivas xa o levamos para a almazara en Aceites Abril, alí amolturamos o antes posible para que a oliva non perda ningún tipo de calidade".

A colleita permitirá sacar ao mercado unhas doce mil botellas de medio litro de aceite de oliva virxe extra cen por cento galego, que xa se poderá probar antes de fin de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade