Cargando resultados...
Visitamos con David Barro a expo de Kounellis no CGAC
Un labirinto non só e un camiño, tamén é unha viaxe, unha aventura
Dende o Museo de Arte Contemporánea de Palma, Es Baluard, chegou esta mostra de Jannis Kounellis
Como novidade, por primeira vez pode verse a súa serie Albatros en conxunto
G24.gal
04/11/2026 10:06
Imos tentar captar nunha peza de televisión algún dos escintileos da brillante, intelixente, honesta e humilde obra de Jannis Kounellis, un dos grandes nomes da arte povera que volve a Santiago a piques de facer unha década do seu pasamento.
David Barro é o comisario de Labirinto sen paredes, unha mostra que se centra na relación do artista co mar, nunha institución fundamental para a súa traxectoria, o CGAC.