Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Regueira descóbrenos dúas novidades de Galaxia

Mario Regueira descóbrenos dúas novidades de Galaxia

Falamos de 'Unha historia de nós', de Pablo Diego Dios, e 'Un mar de curiosidades', de Javier García Galdo

G24.gal 04/11/2026 10:03

'Unha historia de nós', de Pablo Diego Dios, nace coa intención de divulgar algunhas das historias menos coñecidas da nosa terra. De certo, figuras como Diego Xelmírez e Pardo de Cela son ben lembrados por todo o mundo, pero se cadra non tanto Exeria (considerada a primeira escritora galega da historia) ou o viquingo Ulf, pirata e mercenario, que foi coñecido como O Lobo Galego. É unha boa oportunidade de refrescar esa historia, ás veces menos popular.

'Un mar de curiosidades', de Javier García Galdo, pola súa parte, é o gran libro de curiosidades do mar. Imos mencionar dúas marabillas das moitas das que nos fala: ondas cadradas e o marabilloso narval, o unicornio das bestas mariñas, considerado lendario durante moito tempo.

Da bioloxía á historia e á cultura, non hai moitos campos que García Galdo deixe sen tocar, contándonos desde o que significan as tatuaxes mariñeiras ata episodios como a Batalla de Rande, que ben poderían aparecer tamén no outro libro que traemos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade