Cargando resultados...
Arden tres coches estacionados nunha rúa do centro da Coruña
Os vehículos quedaron calcinados pero as lapas non provocaron danos persoais
G24.gal
18/10/2026 10:08
Tres vehículos estacionados na rúa da Educación, no barrio coruñés de Visma, arderon esta madrugada sen provocar danos persoais. Os coches quedaron totalmente calcinados.
A Axencia Galega de Emerxencias recibiu a alerta pasadas as 3:30 horas e ata o lugar desprazáronse os bombeiros municipais, que sufocaron as lapas, e axentes da Policía Nacional e Local.