Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un coche en Nigrán nun lume que, sospeitan, puido ser intencionado

Arde un coche en Nigrán nun lume que, sospeitan, puido ser intencionado

O turismo estaba aparcado na rúa Monteferro de Panxón e quedou calcinado

A familia propietaria tentou sufocar as lapas pero foi necesaria a intervención dos bombeiros

Un bombeiro do Val Miñor apaga o lume
G24.gal 17/10/2026 08:25 Última actualización 17/10/2026 09:37

Un coche ardeu por completo no concello de Nigrán por causas aínda sen determinar, segundo confirman os bombeiros do Val Miñor. Ocorreu pasadas as 3:30 horas da madrugada na rúa Monteferro de Panxón, onde estaba aparcado.

Trátase dun Renault Clío Híbrido GLP-Gasolina de pouco máis de dous anos. A familia propietaria espertou sobresaltada e a filla asegura que, nese momento, escoitou parar un vehículo, ademais de voces e ruído. 

"Tentamos apagar nós o incendio pero foi imposible. Estaba envolto en lapas", relatan.

A autocaravana que estaba aparcada diante non sufriu danos A autocaravana que estaba aparcada diante non sufriu danos

Os bombeiros do Val Miñor sufocaron o lume en pouco tempo pero o turismo quedou calcinado. A familia sospeita que puido ser intencionado xa que comezou na parte dianteira.

O dono dunha autocaravana que estaba aparcada diante conseguiu retirala a tempo. Non se rexistraron danos persoais.

O coche quedou calcinado O coche quedou calcinado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade