Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estráganlle o coche na Pobra do Caramiñal, cun aviso: "Estás morto"

Estráganlle o coche na Pobra do Caramiñal, cun aviso: "Estás morto"

Picáronlle as rodas, afundiron o teito e raiaron toda a chapa, coa ameaza escrita no capó

"Vin un home encapuchado saltando sobre o teito, cunha máscara cirúrxica e marchou co alerón"

G24.gal 13/10/2026 14:25

Saíu cedo para ir traballar e, cando chegou ao pé do coche, quedou dunha peza. 

"O primeiro que vin foi a roda picada e xa pensei en sacar o gato e cambiar a roda pero, de repente, vin a outra tamén picada e miro para riba e vexo o teito todo afundido, incluso coas pegadas de quen subiu ao coche", describe Roberto Ageitos, a vítima.

Pegadas de pés e mans que salpican toda a carrocería. Era só o principio do pesadelo. 

"Polo outro lado, as rodas picadas igual, todo raiado, e na parte de atrás vese unha pisada, a forma enteira, como se quixera subir por aí", engade Roberto.

"Vin unha persoa, un encapuchado cunha máscara cirúrxica, saltando sobre o coche e co alerón na man", coincide unha testemuña.

Non foi un ataque ao chou. Hai intención e hai moita carraxe.

"Polo tempo que lle levou, polo asañamento, polo escrito no capó, parece máis persoal ca non unha simple falcatruada", comenta esa testemuña.

Un raión no capó que mete medo. 

"Estás morto e na parte de atrás, faltaba o alerón", lamenta Roberto.

Marchou con el na man. Buscárono polos arredores, nos colectores do lixo, en casas vellas, pero nin rastro. Piden axuda a quen puidera ver algo.

"Se alguén veu a unha persoa cun alerón, é cantoso. Se alguén o veu ou sabe por onde pasou, ou se ve un alerón nun colector, que avise porque se hai cámaras pódese ver quen o levou", pide Rita Seoane, a parella da vítima.

Sospeitan que o culpable non anda lonxe. Unha testemuña apuntou a matrícula dun coche que pasou por alí aos poucos minutos e que coincide coa dun home que os ameazara no pasado. Pero quen sabe! Quizais foi só casualidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade