Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis de cada dez consumidores cambiaría de súper por aforrar

Seis de cada dez consumidores cambiaría de súper por aforrar

É o que di un estudo, elaborado pola plataforma dixital Shopfully e a firma YouGov, que analiza a elección de supermercado habitual

G24.gal 01/09/2026 20:46 Última actualización 01/09/2026 21:03

Á hora de facer a compra hai quen nin pensa onde ir.

Din na rúa: "Sempre vou ao mesmo sitio". "Sempre ao mesmo sitio". "sempre no mesmo". "Normalmente son fiel e vou sempre ao mesmo sitio".

Fronte aos que mercan no mesmo lugar, están as que comparan antes de decidir.

"Vou variando. Depende dos produtos que queira vou a un supermercado ou vou a outro, e ás veces tenda pequena tamén".   

Seis de cada 10 consumidores en España cambiarían de súper por aforrar. É o que di un estudo, elaborado pola plataforma dixital Shopfully e a firma YouGov, que analiza a elección de supermercado habitual.

"Intentando coller bo produto, pero o máis económico posible dado como está agora mesmo a economía".

Porque o aforro non é a única razón para decantarse por un ou outro.

"A relación calidade-prezo porque hai supermercados que teñen mellor produto fresco e outros que teñen un prezo mellor no envasado". "Para min a comodidade porque se vou lonxe pésame moito a compra". "A calidade do produto, despois o prezo evidentemente, pero case sempre priorizo a calidade".

En boa parte dos casos a decisión de compra comeza antes de entrar na tenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade