Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Que mundo imos deixarlles ás mozas do mañá?", a comprometida ofrenda de Sandra Piñeiro

"Que mundo imos deixarlles ás mozas do mañá?", a comprometida ofrenda de Sandra Piñeiro

A presidenta da Audiencia Provincial de Lugo fixo da liberdade, a igualdade, a xustiza e a lingua o fío condutor da ofrenda a Rosalía

No Domingo das Mozas tamén se celebra o 54 desfile do traxe galego e a vixésimo oitava mostra de música tradicional

G24.gal 11/10/2026 14:06

Malia que o día do patrón é o 5, o Domingo das Mozas é a xornada clave das festas do San Froilán, se cadra porque xa o propio nome do día denota agaraimo, tradición e lembranza doutros tempos, a primeira metade do século pasado, nos que o domingo principal coñecíase como o San Froilán Pequeno, un día no que os mozos e as mozas de fóra desprazábanse para participar na festa da capital e así foille quedando o nome. 
Este domingo tamén se celebra o 54 desfile do traxe galego e a vixésimo oitava mostra de música tradicional, que encheu as rúas de gaitas, pandeiretas e ledicia.

Sen dúbida o momento máis emotivo do día é o da ofrenda a Rosalia, un acto cheo de recoñecemento para a poetisa que a maxistrada Sandra María Piñeiro encheu de compromiso e reivindicacións.

O fío da ofrenda foi unha oda á liberdade, ao dereito que temos as mulleres para que "ninguén nos marque as dimensións dos nosos soños", un futuro no que ningunha muller teña que ser extraordinaria para recibir un trato xusto, unha tarefa na que involucrou os homes. 

Defendeu, así mesmo, a lingua galega e a necesidade dunha xustiza que escoite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade