Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a montaxe do San Froilán e as restricións para aparcar en Lugo

Comeza a montaxe do San Froilán e as restricións para aparcar en Lugo

O recinto ferial abre o 26 de setembro

G24.gal 17/09/2026 14:08

Lugo comeza a conta atrás antes da chegada da festa máis importante da cidade, o San Froilán. Nas inmediacións do parque de Rosalía de Castro pódese ver xa a montaxe das casetas do polbo. E o que chegan tamén son as restricións para aparcar na contorna do parque, dende hoxe non se pode estacionar, por exemplo, nas inmediacións dos xulgados.

"Xa temos pouco sitio de normal, cada vez menos, Ademais os de pago tamén están a tope. Esta moi complicado", comentan os veciños.

Problemas que moitos entenden.

"Se estamos en festas temos que sacrificarnos un pouco, digo eu. Con tal de que me deixen durmir e descansar non temos problema ningún", comenta outro veciño da zona.

Unhas festas que teñen o 26 de setembro como data marcada para a apertura do recinto feiral ca ración de polbo fixada este ano a 15 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade