Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un piloto e a copiloto resulta ferida grave ao caer por un barranco nun rally en Mallorca

Morre un piloto e a copiloto resulta ferida grave ao caer por un barranco nun rally en Mallorca

A organización decidiu suspender definitivamente a competición tras o accidente

EFE/CATI CLADERA EFE/CATI CLADERA
G24.gal 09/10/2026 18:58

Un piloto alemán de 59 anos morreu este venres e unha copiloto de 39 anos, da mesma nacionalidade, sufríu lesións medulares ao precipitarse por un barranco o vehículo no que participaban no rally 550 Challenge Mallorca, na estrada Ma-10, na serra de Tramuntana, á altura de Mortitx.

O accidente ocorreu sobre as 13.00 horas.

Os Bombeiros de Mallorca interviñeron no accidente con efectivos desprazados desde os parques de Inca e Alcúdia para realizar as tarefas de rescate das vítimas.

A sexta edición do rally 550 Challenge Mallorca celebrábase entre o 8 e o 10 de outubro en diferentes estradas da illa, pero a organización decidiu suspender definitivamente a competición tras o accidente mortal.

«Hoxe, o automobilismo deixa de lado a competición para dar paso ao respecto e ao acompañamento na dor. Estamos, máis ca nunca, ao lado da familia e dos amigos», sinalaron os organizadores nun comunicado oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade