Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Vane Sotelo alcanza os 99 goles con España e iguala a marca de Javi Rodríguez

A galega Vane Sotelo alcanza os 99 goles con España e iguala a marca de Javi Rodríguez

A ourensá suma esta cifra en 102 partidos internacionais

Foto RFEF Foto RFEF
G24.gal 09/09/2026 12:29 Última actualización 09/09/2026 12:33

A pivote Vane Sotelo xa forma parte da historia do fútbol sala español, despois de que a capitá e máxima goleadora da selección feminina alcanzase os 99 goles con España tras anotar un dobrete na contundente vitoria por 8-0 ante Polonia, nas Rozas (Madrid).

A ourensá suma esta cifra en 102 partidos internacionais e colócase á altura do rexistro que Javi Rodríguez mantiña en solitario como máximo goleador histórico da selección española absoluta. Sotelo, xogadora do Arriva AD Alcorcón FSF, debutou co combinado nacional o 4 de novembro de 2014, nun amigable fronte a Hungría. Desde entón, a súa traxectoria estivo marcada por grandes fitos. 

Agora, Sotelo alcanza os 99 tantos e empata cunha lenda como Javi Rodríguez, que logrou a mesma cifra en 170 partidos con España entre 1995 e 2010.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade