O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses
O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses
As obras consistirán na substitución e mellora do sistema de contención de vehículos da marxe dereita do ramal
![Ramal de unión da A55 coa A52 (Google Maps)](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230605/a55.png)
O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (MITMA) comezará mañá as obras de substitución e mellora do sistema de contención de vehículos do ramal que une a marxe dereita da A55, no quilómetro 14 da autovía, coa A52.
Esta actuación afectará ao trazado da ponte que cruza o río Louro, no termo municipal de Mos (Pontevedra), durante un período de catro meses. Para garantir a seguridade de traballadores e usuarios, o tráfico do ramal cortarase a partir das 12:00 horas de mañá martes, 6 de xuño.
Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación habilitarase un novo ramal de conexión provisional debidamente sinalizado.