Cargando resultados...
Detido en Lugo por circular a máis de 200 por hora nun tramo limitado a 100
O condutor é un veciño de Madrid ao que imputan un delito contra a seguridade do tráfico
G24.gal
14/06/2023 21:03
Última actualización 14/06/2023 21:16
A Garda Civil de Tráfico captou un conductor que circulaba a máis 200 kilómetros por hora na autovía A54.
No treito onde foi interceptado, a velocidade está limitada a 100 por hora.
Foi preciso mobilizar varias patrullas para parar e identificar o condutor.
Finalmente, puideron detelo na Autovía A6 á altura de Pedrafita do Cebreiro.
O condutor é un veciño de Madrid ao que imputan un delito contra a seguridade do tráfico.