Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños do xardín do Posío protestan pola corta de árbores centenarias

Os veciños do xardín do Posío protestan pola corta de árbores centenarias

Din que a eliminación destes exemplares sans non estaba prevista no proxecto de rehabilitación deste espazo emblemático que promove o
Concello

O goberno local di que se só se están a retirar oito exemplares de especies foráneas e en mal estado

G24.gal 10/05/2025 20:59

Polémica en Ourense pola rehabilitación do histórico xardín do Posío. Os veciños din que se está levando a cabo a corta de árbores centenarias, en contra do que figuraba no proxecto inicial. As queixas veciñais, que se manteñen dende o inicio das obras, céntranse na corta de árbores no interior deste parque emblemático. Din que non se está a respectar o proxecto inicial e xa se eliminaron 25 exemplares, a maioría centenarios, segundo aseguran.

Denuncia a entidade Amigas das Árbores, que lidera as mobilizacións, que a cidade incumpre as normativas da OMS e da Unión Europea na proporción de árbores por habitante. Mentres os organismos internacionais cifran nunha árbore por cada tres habitantes, Ourense situaríase  nunha por cada vinte e un veciños, aseguran os denunciantes. 

Segundo o goberno local, o que se  pretende levar a cabo no Posío é unha reforma integral do parque e o saneamento da masa vexetal, coa eliminación de exemplares en mal estado ou de especies foráneas. Responde ás queixas dos veciños con que se van plantar 50 árbores e cinco mil plantas ornamentais na rehabilitación deste espazo verde.

A entidade Amigas das Árbores lidera a mobilización veciñal, que denuncia as continuas agresións dos sucesivos gobernos municipais ao histórico xardín do Posío, con máis de douscentos anos de antigüidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade