Multas exprés da DXT
A DXT pon en funcionamento un novo sistemas de notificacións para advertirnos das infracción en 48 horas como máximo
Reforza o carácter pedagóxico das multas, porque permite lembrar perfectamente cando se comete a infracción
Hai que darse de alta na DEV, que é unha web oficial da DXT, e poderemos recibir as notificacións das multas nun prazo máximo de 48 horas. Este é o novo sistema de avisos que lanza a Dirección Xeral de Tráfico para reducir os tempos de actuación.
"Paréceme boa idea porque as multas cando antes as pagues e as quites de enriba, mellor".
"Sempre é mellor sabelo antes e ver o que podes facer".
"E igual é máis cómodo para pagala con pronto pago ou darte de conta de que a tes posta que doutra maneira igual che vén máis tarde e non o sabes".
"A notificación paréceme ben o desgusto non cho quita ninguén", comentan varios condutores.
O desgusto non cho quita ninguén, pero pode ser menor ao beneficiarte do sistema de pronto pago que supón unha redución do 50 %, como din algúns condutores.
"Adiántaste ao pago e é moito menos".
"Ás veces tamén ocorre que deixamos pasar o prazo sen contestar e despois hai que cumprilo", apuntan outros.
Con este novo sistema refórzase o carácter pedagóxico das multas, os infractores terán constancia antes da falta e poderán evitar incorrer nela de novo.
"Claro e é máis doado decatarte porque ás veces se tardan moito non recordas cando a fixeches, entón se che mandan pronto a notificación es consciente de que sucedeu e como o fixeches, evidentemente".
"Se te poden contactar vía móbil, mellor que agardar a unha carta que ás veces non chega".
A multa exprés chegará aos infractores que así o soliciten, vía SMS ou correo electrónico.
"Se temos unha SMS, polo menos sempre a ves, sempre a recibes; se simplemente che din tela aí para descargar e tes que acceder, xa me parece máis complexo".