Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doce anos do picudo vermello por Galicia

Doce anos do picudo vermello por Galicia

Leva matadas unhas 10.000 palmeiras só na provincia de Pontevedra

Palmeira afectada xa polo picudo vermello coas palmas secas e a piques de caer
G24.gal 01/05/2025 19:30 Última actualización 01/05/2025 21:26

A praga do picudo vermello está a facer desaparecer as palmeiras Phoenix canariensis en Galicia, a maioría exemplares de principios do século XX.

Só na provincia de Pontevedra, o insecto arrasou co 85%, máis de dez mil exemplares, nunha ducia de anos. No norte a especie está a correr a mesma sorte agás nun reduto de Betanzos.

Hai doce anos os penachos das palmeiras comezaron a murchar e secar, antes de morrer. Daquela coñecemos o picudo vermello, un insecto de orixe asiática que chegou a España en 1994 desde Exipto. O primeiro caso en Galicia foi en Gondomar en 2013. En catro anos alcanzou a costa norte.

Como nos explica, Francisco Rodríguez, da empresa Técnica Arbórea Gallega, na que xa perderon a conta das que levan talado, a praga é un efecto máis da globalización.

A globalización de movemento de plantas sen gardar os requisitos de corentena ao final chega a todo.

As provincias máis afectadas son Pontevedra e A Coruña. Na primeira calculan que matou o 85% das palmeiras. Máis dun cento levan sucumbido nas rúas coruñesas. A especie máis sensible é a Phoenix canariensis pero pode atacar calquera, asegura o arborista.

Pode afectar  aínda que menos, a Datilera, trachicarpos, butias, whasingtonias...calquera tipo. Cabe agardar que a poboación diminúa porque o alimento e o número de xeracións que pode suportar a canaria non está ao mesmo nivel doutras palmáceas.

A voracidade do picudo está a acabar con parte da historia de Galicia, a herdanza indiana que aínda se respira no único palmeiral incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, plantado en 1900 nos xardíns Méndez Núñez da Coruña. Cos coidados do concello, polo de agora está a salvo. Pero para un particular o tratamento é custoso: de 60 euros por sesión de terapia a dous mil por tala.

Insensibles ao problema, centos de palmeiras medran nun viveiro de Betanzos desde hai trinta anos. Son da variedade Chamaerops. Aquí só senten o mal do picudo no freo das vendas como nos comenta a propietaria, Beatriz Lendoiro.

Cren que as palmeiras son todas iguais e temos a sorte de que hai variedades de planta, esta mesma, o Chamaerops, está sen afectar.

As palmeiras betanceiras parecen desafiar o picudo coa súa louzanía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade