Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrancarán as viñas abandonadas para evitar a propagación da flavescencia dourada

Arrancarán as viñas abandonadas para evitar a propagación da flavescencia dourada

A nova normativa xa obriga a facelo en 21 municipios do sur de Ourense e Pontevedra

Outros concellos próximos que aínda non están afectados piden que se aplique xa en todos os ermos

 

G24.gal 05/05/2025 14:19

O pasado 30 de abril entrou en vigor a norma da Consellería do Medio Rural que obriga os viticultores a tomar medidas para poñer freo á expansión da flavescencia dourada. Isto vai repercutir de maneira drástica sobre as viñas abandonadas nas zonas xa afectadas por esta praga que acaba matando as vides.

Nas Rías Baixas xa levan tempo tentando atallala con fumigacións cíclicas con pesticidas para matar o insecto que a propaga. Pero o problema son as viñas abandonadas, por iso a nova normativa obriga a que os donos as arrinquen nas zonas afectadas. En caso de que non o fagan, a propia administración poderao facer por razón de utilidade pública.

Actualmente as áreas que están cualificadas como afectadas son 21 municipios do sur das provincias da Ourense e Pontevedra. Noutros concellos próximos da zona do Ribeiro os viticultores tamén toman medidas nas súas vides, pero tamén que non van ser eficaces por culpa das plantacións abandonadas. Por iso desde outros concellos, coma o de Beade, o seu alcalde Fernando Taboada, pide que a normativa sexa aplicable xa nunha zona máis extensa. 

"Nos ermos non se dan os tratamentos, hai que buscarlle unha solución. Ata o de agora non somos unha zona afectada na que sexa obrigatorio arrincar os ermos, pero por desgracia nun tempo acabaremos sendo zona afectada e será obrigatorio. Sería conveniente telos arrincados antes de que a flavescencia dourada nos atacase este ano, porque cando o vector empece a poder voar se temos os ermos arrincados, teremos polo menos un traballo feito".  

Polo momento a medida xa se pode aplicar nos concellos ourensáns da Arnoia, Castrelo de Miño, Cortegada, Melón, Ribadavia, Cartelle, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ramirás. E nos pontevedreses de Arbo, A Cañiza, Crecente, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, As Neves, Salvaterra e Salceda de Caselas. 

En Beade piden que se obrigue xa a arrincar os ermos para axudar a previr a flavescencia dourada En Beade piden que se obrigue xa a arrincar os ermos para axudar a previr a flavescencia dourada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar