Cargando resultados...
Unións Agrarias advirte sobre a posible aparición dun "mercado negro" de uva
O sindicato agrario denuncia que o Consello Regulador da DO Rías Baixas prioriza as adegas fronte aos pequenos produtores
G24.gal
08/08/2025 14:16
Unións Agrarias denuncia que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas dá prioridade ás adegas fronte a pequenos produtores.
Sinala tamén que a decisión do Consello Regulador de non incrementar o límite de produción e mantelo en 12.000 quilos por hectárea vai propiciar a aparición dun mercado negro de uva.