Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 60 filloeiras elaboraron uns 18.000 freixós na Festa da Filloa de Muimenta

Máis de 60 filloeiras elaboraron uns 18.000 freixós na Festa da Filloa de Muimenta

Os asistentes tamén puideron degustar filloas sen glute ou participar nun xantar de confraternidade

Dúas rapazas proban os freixós elaborados no recinto feiral de Muimenta
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso García Novoa. 01/05/2025 20:44 Última actualización 01/05/2025 21:24

A vila de Muimenta, no concello chairego de Cospeito, celebrou unha nova edición da súa Festa da Filloa. Nela, máis de 60 filloeiras elaboraron uns 18.000 freixós ao longo da xornada, que foron degustados polo público asistente.

"O amoado tráennolo e dende aquí repartimos en cada posto a masa sobre as pranchas, sacamos as filloas, lévanas ao fondo, onde as venden", explica a filloeira Cristina Iglesias. "Este posto é de filloas sen glute, para persoas con enfermidade celíaca ou persoas que non toleren o glute", engade outra filloeira, Iria Corredoira. 

Ademais de probar as filloas, en parte cociñadas cunha máquina que rende a 1.300 unidades por hora, os asistentes tamén puideron participar nun xantar de confraternidade. Todo nun evento en que ademais se promoveron dúas festas da Mariña.

"Unha é a Festa do Requeixo de Barreiros e a outra é a Festa da Enfariñada de Trabada, que se vai celebrar este domingo", sinala José Manuel Rus, coordinador da organización. 

Diversas actividades para todos os públicos e unha variada oferta musical completaron o programa da Festa da Filloa.

Parte dos freixós foron cociñados na coñecida como a máquina de Lestedo Parte dos freixós foron cociñados na coñecida como a máquina de Lestedo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade