Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como previr o padecemento das mascotas fronte á calor excesiva

Como previr o padecemento das mascotas fronte á calor excesiva

Golpes de calor, picaduras, alerxias e intoxicacións pódense minimizar con prevención 

As altas temperaturas fan das súas nalgunhas mascotas
G24.gal 19/06/2025 21:26 Última actualización 19/06/2025 21:45

Os golpes de calor están na maioría de consultas das clínicas veterinarias co ascenso de temperaturas destes días, xunto ás dermatites e picaduras. Vixiar o estado dos animais de compañía e aplicar o sentido común son, a xuízo dos veterinarios, a mellor prevención durante os meses de calor.

As altas temperaturas fan das súas nalgunhas mascotas. Os olliños de Gardel, por exemplo, mostran as marcas da alerxia que lle provoca a calor. O seu responsable cóntanos que lle aplica cremas hidratantes e lávao todos os días ademáis de non sacalo de paseo nas horas de máis sol.

Mínimas precaucións que os veterinarios recomendan e os seus responsables acatan pero malia todos os coidados, Taba sofre estes días moito picor nas orellas, moi sensibles á calor igual que as plantas dos pés. Os animais por si mesmos non son capaces de regular o aumento de temperatura dun golpe de calor. E hai alarmas que nos explica César Planes., da Clínica veterinaria San Roque de Santiago.

Comezan cunha respiración excesiva, moita salivación, bambeándose como desorientados, mostran debilidade e poden acompañarse de vómitos e diarreas.

Se é o caso, cómpre chamar un servizo de urxencia e intentar refrescalo, baixando a temperatura gradualmente nunca de golpe, con xeo ou augas xeadas, recomenda Planes.

Moi importante, nunca intentar baixar a temperatura de golpe. Hai quen os mete en auga con xeo ou conxelada, e iso nunca se debe facer.

Con estas calores, moita atención tamén aos paseos estivais por zonas verdes.

Agora mesmo estamos en época crítica con respecto ás espigas no monte que se meten nos ollos, nos oídos, nas patas, e as consecuencias poden ser mesmo moi graves.

Canto ás ubicuas carrachas, colares, pipetas ou pastillas, hai no mercado remedios abondo para previr as picaduras todo o ano. Falando de animais de compañía, a xuízo dos veterinarios, todo se reduce a sentido común.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade