Cargando resultados...
Éxito do pacto antimóbiles do instituto vigués do Castro
Os mozos relacionánse máis e descenderon os conflitos
G24.gal
19/06/2025 20:53
A ANPA do Instituto do Castro en Vigo acordou hai un ano atrasar o uso dos teléfonos móbiles no centro. Os resultados do pacto son moi bos: os adolescentes relaciónase máis entre eles, están máis tranquilos e reducíronse os conflitos.
Nunha conversa informal as nais deste instituto decatáronse de que ningunha lle quería dar o móbil ao fillo pero que todas o ían facer pola presión social. A solución foi doada: pactaron non facelo.
Os resultados notáronse antes de fin de curso. Teñen claro que os móbiles non son precisos nos institutos e que producen actitudes adictivas.
Desde este centro animan o resto dos institutos a tomar a mesma decisión.