Máis de trinta concellos reciben a bandeira verde de Galicia
Rueda asegura que ter concellos sostibles tamén é "Galicia Calidade"
Once dos municipios recoñecidos nesa edición obteñen a bandeira por primeira vez
33 concellos galegos recibiron hoxe a bandeira verde de Galicia. Un distintivo que concede a Xunta en recoñecemento ao seu compromiso coa contorna e o respecto ao patrimonio natural.
11 dos municipios obtiveron a bandeira por primeira vez e Porto do Son revalidouna por quinto ano consecutivo.
Alfonso Rueda lembrou que a Xunta vai crear o vindeiro ano a rede galega de concellos con bandeira verde. Rueda asegurou que ter concellos sostibles tamén é "Galicia Calidade".
"Non só os responsables municipais, senón tamén os veciños están comprometidos con ter un concello fermoso, un concello sostible e un concello concienciado con esa mentalidade verde de Galicia bonita, de Galicia calidade", concluíu o presidente da Xunta.