Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Lugo e a socialista Reigosa pechan a crise pola saída da edil do Goberno local

O alcalde de Lugo e a socialista Reigosa pechan a crise pola saída da edil do Goberno local

A edil María Reigosa compareceu co alcalde, Miguel Fernández
G24.gal 05/12/2025 13:52

Nova crise de goberno no Concello de Lugo. A concelleira do Rural, María Reigosa, dá un paso ao lado ao non poderlle dedicar o tempo que agardaba. 

María Reigosa leva pouco máis dun mes exercendo como concelleira, pero os problemas para atopar tempo que lle dedicar ao rural lugués apareceron decontado.

"A sorpresa foi cando despois de comezar a Oficina de Conflitos de Intereses me dixo que tiña que seguir dedicándome ao meu traballo ao cen por cento", explica Reigosa.

Reigosa segue no grupo e contará coa axuda directa do alcalde. Miguel Fernández descarta falar de crise de goberno en Lugo.

"María non se vai nin ao grupo mixto nin ao grupo 'cerilla'. María é do PSOE e vai votar co PSOE".

Discrepa o PP, que cre que tantos cambios na corporación pásanlle factura ao Executivo local

 "Todo isto está a afectar o Goberno. Estamos nunha lexislatura en que a área do rural vai xa polo cuarto responsable", asegura a portavoz Elena Candia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade