Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dono de Forestalia e un excargo do Ministerio de Transición Ecolóxica, entre os detidos na operación Peserte

O dono de Forestalia e un excargo do Ministerio de Transición Ecolóxica, entre os detidos na operación Peserte

Por aceptar subornos para beneficiar o grupo Forestalia

A ministra Aagesen subliña que o ex alto cargo detido deixou o Ministerio hai máis de dous anos

G24.gal 03/03/2026 16:56

O propietario de Forestalia, Fernando Samper, e Eugenio Domínguez, exalto cargo do Ministerio de Transición Ecolóxica, figuran entre os seis detidos no marco da operación Peserte.

Están acusados de aceptar comisións para emitir resolucións ambientais beneficiosas para o grupo Forestalia na tramitación de proxectos de enerxías renovables na provincia de Teruel.

A operación fíxose pública este martes coa posta en marcha, a primeiras horas da mañá, dunha ducia de rexistros en Madrid (10) e Zaragoza (2), entre outros as sedes de Forestalia nas dúas cidades, así como nos domicilios de presuntos implicados na trama.

O empresario Fernando Samper, de 62 anos, é un dos seis detidos xunto con Eugenio Domínguez, exsubdirector de Calidade Medioambiental do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Segundo informa a Garda Civil, a causa ten a súa orixe na posible manipulación de declaracións de impacto ambiental, necesarias para a tramitación de proxectos de parques eólicos e fotovoltaicos. 

A ministra Aagesen subliña que o ex alto cargo detido deixou o Ministerio hai máis de dous anos

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, subliñou este martes que o ex alto cargo do seu departamento detido no marco da Operación Peserte deixou o Ministerio hai máis de dous anos.

En declaracións aos xornalistas á súa chegada ao Senado, a ministra, que dixo coñecer a información sobre esa detención a través dos medio de comunicación, expresou o seu "máximo respecto ás investigacións e aos procedementos policiais e xudiciais".

Comprometeu ademais a colaboración por parte do Ministerio coa investigación, que "existiu e seguirá estando sempre presente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade