O setenta por cento dos españois cren que a súa parella usa demasiado o móbil cando están xuntos
O aconsellable sería deixalo nun lugar fixo como quedan outros obxectos de uso cotián
Algúns deciden pactar tempos libres do teléfono e compartir aplicacións para facilitar a vida coa outra persoa
A psicóloga Branca Francisco recomenda que "o móbil, igual que os zapatos, o bolso ou as chaves, teña un lugar, é un obxecto máis, non é o noso cerebro"
É o máis axeitado para evitar problemas coa parella. Un estudo realizado recentemente por unha empresa comercializadora de informática desvela que o 70% dos españois se queixa de que a súa parella usa demasiado o teléfono móbil cando están xuntos.
Manifesta unha persoa na rúa que "se usa en momentos específicos, aínda que a veces máis do normal". Outra, indica que "non o uso moito cando estamos todos xuntos para poder falar con eles".
Nalgunhas relacións é como o terceiro integrante e un foco de tensións. Para evitalo, case a metade dos españois menores de 35 anos teñen pactado coa parella momentos libres de móbil. Di unha moza que, no seu caso, ela e a súa parella "non o pactamos, nos sae non collelo".
Tamén hai quen mira ás agachadas o móbil da parella. Coinciden varias persoas que "iso, xamais, é cosa súa"; "é unha falta de repecto", "se tes confianza coa persoa que tes ao lado non necesitas curiosear nada".
Pódese optar por utilizar aplicacións compartidas, que é o que fai un de cada tres mozos.