Sobre un sorbete de cítricos ou guisada con níscaros: as posiblidades culinarias da ameixa rubia
Os responsables da Confraría de Ferrol organizaron un Showcooking sobre esta especie, en que depositan moitas expectativas
Ameixa rubia da ría de Ferrol sobre un sorbete de cítricos, ameixa guisada con níscaros ou ata croquetas de ameixa. Son algúns dos pratos desgustados no acto que celebrou a confraría de pescadores de Ferrol para dar a coñecer as posibilidades culinarias dunha especie en que depositan moitas expectativas porque está a resistir mellor o embate do cambio climático que outras variedades, como a fina ou a babosa. E non lle queda atrás en valor culinario.
"A ameixa rubia aparece a máis profundidade, sobre 12 ou 15 metros, e ten un matiz no sabor un pouco máis doce, pero préstase ás mesmas preparacións que a babosa ou a fina", di Félix Cerqueira, biólogo da confraría de Ferrol.
"Está criando ben, e penso que pouco a pouco se vai ir introducindo nas cociñas de restaurantes, especialmente con esta gran calidade que teñen as da ría de Ferrol. Hoxe propoñemos un guiso con níscaros, unhas croquetas, ou elaboralas cun salmonete sopreado", explica Miguel Ángel Campos, cociñeiro e propietario do restaurante A Gabeira.
De cor rosada avermellada e cunha cuncha sen estrías un pouco en punta, a ameixa rubia foi hoxe o produto estrela.