Os riscos dos retos virais na mocidade
Os expertos alertan da necesidade de que os pais retarden o uso do móbil e das redes sociais en adolescentes
O 10 % dos retos virais entrañan riscos para a saúde e a vida
Comer manteiga a bocados, limar os dentes para aliñalos ou branquealos con esmalte de uñas, saltar dende grandes alturas ou lanzarse ao baleiro emulando a Superman.
Calcúlase que un de cada cinco rapaces participan deste tipo de retos virais. A maioría, o 70%, son inofensivos ou mesmo solidarios, pero...
"Un 10% dos retos virais das redes son de risco e atentan contra a saúde e a vida", indica Antonio Rial Boubeta, profesor de psicoloxía da USC
Son os pediatras os que máis están poñendo o foco neste problema, xa que non son poucos os menores que rematan en urxencias por fortes caídas, golpes ou por intoxicación grave de medicamentos, coma no último reto viral.
"Seguir tanto as tendencias leva os rapaces ao hospital" e "canto máis pequeno, máis inconsciente es e máis risco tes de facer cousas que coa idade non farías", din dous rapaces
Esa percepción do risco non é madura nun cerebro adolescente. Se a iso se engade a busca da validación, a imitación do grupo e tentar ser popular xa temos o cóctel perfecto.
Mario, estudante da USC, apunta: "Se fas máis o tolo ou te pos máis en ridículo, chegas a máis xente, e iso provoca un efecto ata certo punto adictivo"
"Como pais podemos retardar o acceso ao móbil e ás redes sociais, supervisar que está educando os nosos fillos, que está impactando e servindo como modelo. Se non o educo eu, vai ser a Rede e os outros quen o educa", di o psicólogo Rial Boubeta