Publicador de contidos

Publicador de contidos

A metade dos fogares españois non teñen teléfono fixo

A metade dos fogares españois non teñen teléfono fixo

A telefonía móbil converteuno nun elemento prescindible nas casas

Hai unha década seguían presentes en oito de cada dez casas

G24.gal 22/11/2025 21:11 Última actualización 22/11/2025 22:02

A hiperconectividade da sociedade actual está desterrando os teléfonos fixos das nosas vidas. Hai unha década seguían presentes en oito de cada dez fogares, pero hoxe apenas os utilizan na metade das casas. Semella que han seguir o mesmo camiño que as vellas cabinas telefónicas.

Houbo un tempo en que a inauguración dunha cabina telefónica congregaba autoridades e medios de comunicación. Hoxe constitúen pezas de arqueoloxía urbana, pero no seu momento de maior popularidade chegou a haber unhas 95.000 en toda España. 

"En Inglaterra son un atractivo turístico e aquí, como nunca foron bonitas, foron desaparecendo".

"Os meus contáronme que, cando estaban estudando, tiñan que baixar á rúa á noite para chamar ás súas casas, pero agora, como estamos moitos máis comunicados, non fan falla".

A irrupción imparable da telefonía móbil derrotou as cabinas. Hai anos que os teléfonos fixos comezaron a transitar o mesmo camiño cara á irrelevancia. A metade dos fogares españois prescindiu deles ou consérvaos como elemento decorativo.

"É máis cómodo levar o móbil no peto. Ademais, xa non cho ofertan as empresas".

"É un gasto máis que non fai falla".

Os máis antigos presérvanse en museos que explican a historia das telecomunicacións. A desaparición dos teléfonos fixos quizais sexa algo inevitable, pero nesta sociedade hiperconectada varias xeracións hanos lembrar cun chisco de nostalxia e, seguramente tamén cun sorriso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade