Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balizas luminosas a ras do chan para alertar os 'peóns zombis'

Balizas luminosas a ras do chan para alertar os 'peóns zombis'

O uso do móbil mentres se camiña é a principal causa de atropelo nas vías urbanas

O Concello da Coruña instalará LED semafóricos en varios pasos de peóns do centro, para alertar os que van coa cabeza gacha

G24.gal 26/12/2025 14:43

A curvatura do pescozo e a ollada fixa na pantalla do móbil son os trazos máis característicos dos chamados 'peóns tecnolóxicos', un tipo de transeúnte que vai en aumento. E, co móbil na man, difícil atender ao que hai que atender na rúa: o teléfono é xa a principal causa de atropelos nas vías urbanas. 

Por iso nas cidades empezan a proliferar medidas de protección que poidan captar a atención deses distraídos. Na Coruña van instalar balizas semafóricas en varios pasos de peóns. Son tiras luminosas a ras do chan, para que as vexan eses que van coa cabeza gacha mirando o móbil.

Colocaranas nos pasos da rúa Rubine e Modesta Goicouría, á altura da praza de Pontevedra, unha zona moi concorrida -en pleno centro da cidade- e ao carón de dous centros educativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade