Miramos o móbil 221 veces de media cada día
É un tic, non un TOC
Mirar o móbil compulsivamente pon en evidencia un problema, pero non é un trastorno clínico
Pasamos conectados aos móbiles máis horas das aconsellables.
"O móbil está presente as 24 horas do día, 7 días da semana e incluso dende idades moi temperás, atravesa toda a vida, entón hai condutas aprendidas, reiteradas que son un tic", explica Antonio Rial Boubeta,profesor da Facultade de Psicoloxía da USC
Un tic que se repite moitas veces mesmo sen ser conscientes de que o facemos
" De acendelo e apagalo?, igual unhas 20 ou 30, ou máis".
"Moitas veces, todo o tempo, si".
"Máis de 10, ou 20", recoñecen varias persoas.
Un estudo reflicte que miramos cada día o móbil máis de 200 veces, algo así coma un acto reflexo".
"Asústame xa o número, pero non o descarto, eh".
"É un pouco como unha adicción".
"Un trastorno obsesivo compulsivo, evidentemente".
Non tan evidente. Segundo a comunidade científica, non é un TOC, senón un tic. De feito rexeitan o termo nomofobia acuñado para referirse a un trastorno asociado a uso excesivo do móbil e ao medo irracional de quedar sen el.
"Non é un TOC, un trastorno obsesivo compulsivo, non é un trastorno. Na inmensa maioría dos casos é un tic. É simplemente unha resposta compulsiva, aprendida, inmediata, automática que dalgunha maneira aprendemos porque no día a día nós consciente ou inconscientemente o fomos metendo no menú diario", conclúe o psicólogo.
Con todo estar obsesionados co móbil é un problema que ten ver coa saúde mental e coa necesidade de estar hiperestimulados en todo momento, algo que sen dúbida interfire nas relacións sociais.