Alfonso Basterra obtén o seu primeiro permiso penitenciario
Concedéronlle un permiso de catro días que poderá gozar a partir deste luns
É a primeira vez que vai sair do cárecere desde que o detiveran pola morte de Asunta en 2013
Basterra fora condenado a 18 anos de prisión poa súa participación, xunto coa súa exmuller, no asasinato da súa filla
Alfonso Basterra podería sair do cárcere no seu primeiro permiso desde que o condenaran pola morte de Asunta en 2015. Fontes consultadas pola Televisión de Galecia confirmaron que se lle concedeu un permiso de catro días que poderá disfrutar a partir deste luns.
Alfonso Basterra cumpre condena no cárcere de Topas en Salamanca, a onde foi trasladado dende o de Teixeiro.
Fora condenado a 18 anos de prisión pola súa participación, xunto coa súa exmuller, no asasinato da súa filla.
O pasado mes de febreiro trascendera que Alfonso Basterra solicitara por segunda vez o terceiro grao. Un permiso que xa solicitara en 2024, pero que lle foi denegado polo risco de alarma social.
Esta será a primeira vez que abandone o cárcere dende a súa detención en setembro de 2013.