Cargando resultados...
Falece un motorista ao bater contra un valo de protección da estrada en Riós
O home de 48 anos e veciño de Romariz levaba posto o casco
A moto bateu contra o valado
G24.gal
29/03/2026 22:11
Última actualización 29/03/2026 22:30
Un home de 48 anos, veciño de Romariz, faleceu este domingo nun accidente de moto ocorrido na estrada OU-P-0000, no termo municipal de Riós.
Segundo informa a Garda Civil de Tráfico, sobre as 20:16 horas foise da vía pola marxe dereita e bateu contra un valo de protección.
O motorista, que conducía unha Kawasaki modelo Z750 e levaba casco, morreu no lugar do sinistro, o punto quilométrico 0,5.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista que perdeu a vida en Riós.
— 112 Galicia (@112Galicia) March 29, 2026
📍 Estrada que une Ferreiras con Romariz
➡️ Tratouse dunha saída de vía.
🔗 https://t.co/VLXh8vnys8 pic.twitter.com/CdL8eyJFLU