Publicador de contidos

Publicador de contidos

As rúas de Vigo, un teatro que conta a historia da expulsión dos franceses en 1809

As rúas de Vigo, un teatro que conta a historia da expulsión dos franceses en 1809

Vigo xa reconquistou a cidade tras a expulsión dos franceses

Os actores da Asociación Cultural Cidade Vella recrearon este episodio co que volveron, por unhas horas, a 1809

Un broche de ouro para despedir por todo o alto a festa

G24.gal 29/03/2026 21:50

As tropas napoleónicas acaban de ser expulsados de Vigo e con iso remata a ocupación francesa. Este serán os actores e actrices da Asociación Cultural Cidade Vella volveron interpretar aquel episodio de 1809 en distintas localizacións cunha cidadanía completamente entregada. Así, coas leccións de historia que da o teatro, remata a Festa da Reconquista.

María Torres, a directora de accións escénicas, tranquiliza aos seus actores aos que dirixe desde hai seis anos. Os vigueses que enchen a porta do Sol están dispostos a volver ver unha historia real que xa coñecen, en parte, grazas ao traballo desde hai trinta anos deste teatro da Reconquista.

A historia é coral como o foi a expulsión do exército francés en 1908. Antoine Chalot, un comandante francés que xa estivera nas campañas napoleónicas de Exipto ou na toma da Bastilla empeza a perder folgos en Vigo. Cristian, o actor que o interpreta, inspírase no coronel Landa de Tarantino.

Chalot tivo enfronte a un negociador, o alcalde de Vigo Francisco Javier Vázquez Varela, interpretado por un dos poucos profesionais no elenco da Reconquista e que continuamente salta a cuarta parede traendo os vigueses de hoxe a increpar os franceses.      

A obra continúa na porta Gamboa onde entran en xogo o resto das persoaxes que axudaron a botar os franceses de Vigo, o borracho Carolo, o ourensán Cachamuíña e as mulleres, que cos seus maridos loitando en Castela, tiveron que pelexar. Teatro pois que ensina a historia dunha victoria e que fai a diferencia entre esta festa da Reconquista e outras festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade